12/12/22

Resultados Torneo de Nadal

Resultados do Torneo de Nadal de 2022. Grazas por ter participado.


CATEGORIA ABSOLUTA

  1    Sergio López,                                    5.5    16.0         4    10.0   18.5
  2    José María Dorado Rebored,               5      18.0         5    11.5   19.0
  3    Jorge Martí,  MELLOR SUB14       4      16.5         4    10.5   13.0
  4    Ramiro del Valle Rodrigue,               3.5    22.0         3    15.0   15.0
  5    Matías González Chas                          3.5    13.5         3     8.5   10.0
  6    Rodrigo López,                            2.5    21.5         1    14.0    8.0
  7    Carlos Osorio,                            2.5    16.0         2    10.0    8.0
  8    Francisco Javier Troiteir,               2      19.0         1    13.0    8.0
  9    Julio Cañás Lara,                        1.5    18.0         0    11.5    5.5
  10  Pablo Lamas Noya,                        0      14.5         0     8.5    0.0


CATEGORIA SUB12
1 Alejandro López 5
2 Zoe Rosrigues 4
3 Xabier Cañas 3
4 Marcos Alvarez 2
5 Estevo Leira 1
6 Darío Trillo 0


CATEGORIA SUB10

  1    Rubén Troiteiro Arenas,                  6      16.0         5    10.5   21.0
  2    Diego Rodríguez Tirapu,                  5      16.0         5    10.0   17.0
  3    Gonzalo Martínez Diaz,                    4      18.0         3    12.0   13.0
  4    Diego Rodríguez Fernández,               3      18.0         2    12.0   11.0
  5    Camilo Silva Cuñado,                      3      16.0         2    10.5    9.0
  6    Guillermo Leira Temes,                    2      22.0         1    14.0    8.0
  7    Pedro Añon,                              1      22.0         0    14.0    5.0

CATEGORÍA SUB8

  1    Jiaming Guo Chen,                        6      21.0         6    14.0   21.0
  2    TELMO VICENTE RESUA,                4      21.5         4    14.0   15.0
  3    Raúl Gómez Figueirido,                  4      19.5         4    13.0   15.0
  4    Xoel Roo Pérez,                          4      17.5         4    11.0   11.0
  5    Mar Rodríguez Collazo,                  3      22.5         3    14.0   13.0
  6    Ariadna Lopez,                          3      19.5         3    14.0   11.0
  7    Hugo Boquete Rega,                      3      19.5         3    12.5   11.0
  8    Nazaret Balboa González,                3      18.0         3    11.0   10.0
  9    Alvaro Martinez Ruiz,                    3      16.0         2    11.5    7.0
  10  Víctor Florido Carretero,               3      13.5         2    10.0    9.0
  11  ENZO RAÍCES VILLAREJO,              2      17.5         1    12.5    6.0
  12  Dani Pernas Yáñez,                      1      17.0         0    12.0    3.0
  13  Simón Freire,                                  1      14.0         1    10.5    4.0

28/11/22

XI Torneo de Nadal de Xadrez

O sábado 10 de nadal celebraremos a undécima edición do noso Torneo de Xadrez. Tras dous anos marcados pola COVID pretendemos neste nadal recuperar a normalidade.

Tras a primeira edición no Playa Club como unha iniciativa de varios clubes, e as dúas seguintes no MUNCYT repetimos de novo na que ven sendo a nosa casa dende hai xa 8 anos, no Centro Comercial Los Rosales, onde os xogadores de calquera idade poderán disputar as partidas deste torneo grazas ao apoio para as actividades de xadrez da SCD Palaestra.

Toda a información aparece no cartel que acompaña esta nova.

Nome do Torneo: XI TORNEO DE NADAL

Data: 10 de decembro de 2022.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales. A Coruña.

Hora de inicio: 11,30.

Hora de entrega de premios aproximada: 19,30.

Sistema de xogo: Suízo a 6 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 20 minutos a finish.

Horario das roldas: 11,30 / 12,15 / 13,00 / 17,00 / 17,45 / 18,30.

Categorías: Absoluta, Sub14, Sub12, Sub10 e Sub8.

Premios:

En cada categoría:
1º Clasificado: Trofeo.
2º Clasificado: Trofeo.
3º Clasificado: Trofeo.

Todos os participantes recibirán unha medalla.

Cota: Gratuito.
De xeito voluntario os participantes poden colaborar entregando comida para causa benéfica.



Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME

Hai un límite de participantes de 60 xogadores.

30/12/21

Finalizou o Circuito dos Domingos Online.

O pasado día 26 rematou o Circuito dos Domingos Online.

Unha nova vitoria de rsb1971, que acabaou gañando esta última tanda. Deste xeito o podium queda conformado do seguinte xeito: 1º rsb1971, 2º Vimara 3º Ramiro72. Os tres recibirán a taza conmemorativa.

Resultados totais da última tanda:


Co peche do Circuito quedou claro o dominido de jacebo. 48 xogadores anotáronse no club para participar, dos cales 27 lograron puntuar no circuito (quedar entre os cinco primeiros nalgunha das 38 probas que formaron o circuito.

A clasificación final foi a seguinte:


24/12/21

ULTIMO DOS TORNEOS DOMINGO ONLINE

Dúas vitorias para rsb71, que permitenlle afianzar o liderato desta última tanda.

Na clasificación deste periodo están no podium rsb71, Vimara e ramiro72.

Na clasificación global de todos os torneos anuais jacebo leva unha grande distancia sobre os seus seguidores.

A clasificación do circuito é a seguinte:

Este domingo disputamos o derradeiro torneo deste circuito.

Como non houbo gañador na categoría de mais de 55 anos, voltamos a poñer en xogo o trofeo para o mellor senior.

O torneo será no horario habitual ás 17,00 da tarde.

DOMINGO ONLINE Arena #zYV5Ak1O • lichess.org 

11/12/21

Nova vitoria de Vimara

Coa nova vitoria de Vimara no torneo da pasada semana parece clarificarse o podium final deste primeiro circuito dos Domingos Online.

Este domingo teremos o torneo 36º do Circuito.

Domingo 12 de devembro de 2021

17,00 horas

Ligazón: DOMINGO ONLINE Arena #AYocyd8M • lichess.org

A clasificación segue liderada claramente por Jacebo a falta de tan só dous torneos para o peche do ano e do circuito.

06/12/21

X TORNEO DE NADAL

X XADREZ DE NADAL


Grazas á Deputación da Coruña e ao Centro Comercial Los Rosales presentamos un ano mais o Torneo de Nadal.

Como xa pasou o ano pasado a COVID marca este torneo, co que chegamos á décima edición do torneo. O cambio fundamental neste ano é que o torneo será sub12 (para nados en 2009 ou seguintes).

A actividade ten a condición de adestramento / partidas amistosas federadas, polo que é obrigatoria contar coa licenza federativa de 2021.

1. Participantes.
Poderán participar nesta proba os xadrecistas que naceran en 2009 ou seguintes. Haberá un máximo de 32 xogadores. Estarán divididos por categorías pero en función do número de inscritos poderán xogar nun mesmo grupo.

2. Modalidade.
Partidas en sistema suizo en 6 roldas.

3. Ritmo de xogo.
Haberá 20 minutos de tempo por xogador. A criterio do árbitro podería non colocarse reloxo nas partidas ou ao principio das mesmas.

4. Lugar. 
Centro Comercial Los Rosales. Planta Alta

5. Data e horario.
SABADO 11/12/2021 
1ª Rolda: 11,30 / 2ª Rolda: 12,15 / 3ª Rolda: 13,00 
4ª Rolda: 17,00 / 5ª Rolda: 17,45 / 6ª Rolda: 18,30 

6. Premios.
Recibirán trofeo os tres mellores de cada categoría.
Sub12 (2009-2010) Sub10 (2011-2012) Sub8 (2013 ou seguintes)
Ademais todos os participantes recibirán unha medalla e unha máscara de protección COVID.

7. Inscricións.
A inscrición é de balde.
Solicitamos a entrega de alimentos non perecedeiros.
Se non estás federado o Centro Comercial Los Rosales ofrece a posibilidade de pagar a ficha federativa. De ser este o caso escribide a asociacion@palaestra.net para realizar a federación no noso club.

Advertencia 1: Os participantes (ou os seus tutores) autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 2: Os participantes recibirán un correo confirmando a inscrición co documento de aceptación de risco dacordo cos protocolos anti-COVID presentes na páxina da Federación Galega de Xadrez.

ASPECTOS ESPECIAIS POLA COVID
Será de aplicación a normativa de prevención antiCOVID de adestramentos da Federación Galega de Xadrez. As seguintes normas tamén serán de aplicación en tanto complementan algunhas das anteriores e non as limitan. 
1. É obrigatorio levar posta unha máscara en todo momento. Non estará permitido comer ou beber na sala de xogo. 
2. É obrigatorio o uso do xel na entrada da sala. Así mesmo deberá usarse sempre que as mans entren en contacto con superficies non desinfectadas e especialmente tras tocar as pezas manipuladas anteriormente polo rival (no caso das capturas). É aconsellable que cada xogador leve un frasco de xel.
3. Tamén será obrigatorio o uso da alfombra desinfectante que se coloque á entrada sa Sala de Xogo.
4. Os xogadores non permanecerán na sala de xogo mais tempo do necesario para xogar a partida. Polo tanto non haberá análise posterior. Tampouco poderán pasear pola sala.
5. Os xogadores non deberán darse a man ao inicio ou fin da partida. 
6. Antes de entrar na sala medirase a temperatura dos participantes.
7. Os aspectos aqui expostos poden verse complementados, antes e durante o torneo co fin de garantir na medida do posible unha actividade segura.

PREME PARA ANOTARSE

03/12/21

Jacebo regresa e vence

O lider do circuito gañou no último torneo e xa aparece no podium desta cuarta e derradeira tanda. O vindeiro domingo chegaremos ao Torneo 35.

Domingo 5 de decembro 

17,00 horas

DOMINGO ONLINE Arena #hny7olYK • lichess.org

A clasificación actual é a seguinte:

24/11/21

ramiro72 vence no regreso de jacebo

ramiro72 venceu no torneo deste pasado domingo que se celebrou á noite, para non interferir cos Torneos de Outono do CIDU.

No torneo participaba de novo jacebo, lider do circuito e que foi terceiro.

O próximo domingo volvemos ao noso horario mais normal para disputar o que será xa o 34º torneo do ano.

Domingo 28 de novembro
17,00 en lichess


A clasificación actual é a seguinte:



18/11/21

Rsb1971 gaña o segundo torneo da última tanda

Rsb71 e slyfer94 lideran esta última tanda do Circuito.

A clasificación actual é a seguinte:


A volta ao torneo de Rubentro parece tender a asegurar a súa segunda praza mentras que jacebo, que leva algún tempo sen xogar, mantén unha cómoda distancia.

Para a vindeira semana o torneo cambia de hora para adaptarse a toda actividade dos Torneos de Outono.

Domingo 21 de novembro, 21,00 horas


08/11/21

Vimara gaña o 1º torneo da última Tanda

Vimara obtivo a vitoria no torneo do último domingo o que foi o seu primeiro torneo gañado do circuito, onde vai terceiro, por detrás de jacebo e rubentro.

Nesta última rolda haberá 8 torneos, polo que ao final o circuito contará con 38 probas.

Próximo torneo, número 32.
Domingo 14 de novembro
17,00 horas




A clasificación actual é a seguinte:



04/11/21

Slyfer94 gañou o último torneo da terceira tanda

Slyfer94 gañou o último torneo da terceira tanda e logrou deste xeito a súa camisola. 

Jacebo, que foi segundo lidera o circuito e tamén foi campión da terceira tanda, polo que xunto a ramiro72 e Vimara logran a taza.

A clasificación actual é a seguinte:


Nos próximos domingos xogaremos a derradeira das tandas.



Domingo 7 de novembro ás 17,00 horas.
Torneo 31º

27/10/21

Imos para o Torneo 30º

ELNOR gañou o torneo 29, pero os bos postos de ramiro72 e de Vimara, deixan sentenciado o podium (e as tazas) desta terceira tanda.

Só quedaría por saber quen vai gañala, se ramiro72 ou jacebo que leva moita distancia cos seguintes no circuito.

Tras o torneo deste domingo empezaremos a última tanda de torneos.

Lembramos que estamos a entregar unha camisola con motivo de xadrez aos que gañen algún dos torneos de cada tanda e unha taza con motivos de xadrez aos tres mellores na tanda.

A situación actual do Circuito é a seguinte:



Próximo torneo
Domingo 31 de outubro, 17,00 horas.