04/04/21

Inicio da segunda tanda de Torneos

O pasado domingo rematou a primeira serie de 10 torneos do Circuito Domingos Online coa vitoria de novo de Jacebo.

Nembargantes na clasificación do Circuito Rubentro vai primeiro.

Como xa se explicou o Circuito está previsto para 40 torneos aproximadamente. Xa levamos unha cuarta parte.

Imos darlle aos tres primeiros do Circuito ata agora unha taza decorada con motivos de xadrez.

E a partir de hoxe e ata o torneo número 20 volveremos a dar unha camisola aos que logren vencer nun dos torneos (así que os que xa teñen a camisona da primeira tanda poden ir facendo colección)

Torneo para este domingo, día 4 ás 17,00: DOMINGOS ONLINE Arena #PLyXIxJz • lichess.org


Ningún comentario :

Publicar un comentario