29/04/21

Jacebo volveu gañar e Rubentro xa ten a súa taza

No torneo do pasado domingo, que era xa o 14 deste ano, Jacebo logrou unha nova vitoria e segue a ser o xogador con mellores resultados.

Pero como xoga menos torneos que Rubentro, que sempre queda nos primeiros postos, éste lidera o circuito. Na segunda tanda só por un punto, pero Jacebo e Rubentro van collendo distancia cos seguidores.

Rubentro foi a pola súa taza de xadrez o pasado sábado. Lembra que se gañas un torneo terás unha camiseta e se quedas entre os tres primeiros de cada tanda de torneos (grupos de 10) tamén levarás unha taza, para que tomes o almorzo lembrando o teu xogo favorito.

Tras o 14º torneo do ano, a clasificación do circuito xa inclúe a 16 dos 35 membros do club online.

Ultimamente está baixando a particiapación así que animamos a todos a tomar parte destes torneos.

Os participantes no torneo do pasado domingo poderán recoller os libros de agasallo a partir da próxima semana, en calquera das actividades presenciais no Centro Comercial Los Rosales.

O vindeiro domingo (Día da Nai) é o 2 de maio ás 17,00 horas.

Ligazón: DOMINGOS ONLINE Arena #fTC1nxir • lichess.org

Ningún comentario :

Publicar un comentario