20/05/21

TORNEO 17º

Coa vitoria de Jacebo no torneo do día 8, na tanda actual temos un empate entre Rubentro (que segue liderando a proba global) e Jacebo.

Lembramos que este Circuito dos Domingos de Xadrez Online está previsto que sexan 40 torneos (descansaremos varias semanas no verán).

O próximo torneo, xa o 17º, será o vindeiro domingo día 23 ás 17,00 horas.

DOMINGOS ONLINE Arena #qdCxVdc3 • lichess.org

Na clasificación online temos xa a 18 dos membros do Club que lograron obter algún punto na clasificación.

Lembramos que os tres primeiros desta segunda Tanda levarán unha taza cun motivo de xadrez.

Anímate a participar!





Ningún comentario :

Publicar un comentario