31/08/13

Rivais do Depor: Sabadell

GALEGO:

Nome: Centre d'Esports Sabadell Futbol Club S. A. D.
Fundación: 1903
Sabadell

web: www.cesabadell.cat

Estadio: Nova Creu Alta
Dimensións: 103 x 70 metros
Inauguración: 20 de agosto de 1967
Capacidade: 11.981

O Centre d'Esports Sabadell Futbol Club ten a súa sede no estadio Nova Creu Alta e foi fundado en 1903. Entre os seus logros o subcampeonato da Copa de España en 1935 e militar 14 tempadas en Primeira División.
En 1901 Joan Saus e un grupo de mozos crearon o Centre d'Esports Sabadell, que non foi legalizado até 1903, aínda que curiosamente a acta fundacional data do 5 de xuño de 1906. Uns días antes desta data abriron o campo do barrio da Creu Alta que en 1912 acollería o primeiro partido con luz artificial xogado en España.
A súa primeira presenza na Primeira División de España foi na tempada 1943-1944, na que obtivo unha digna novena posición, mellorada en 1946-1947 coa quinta praza, xusto por detrás do FC Barcelona e por diante do Real Madrid. O seu mellor resultado chegaría en 1968-1969 cando nunha competición de 16 equipos quedou en cuarta posición e clasificouse para disputar a Copa de Feiras (antecedente da que foi a Copa da UEFA, actual Europa League). A súa última presenza na Primeira División de España foi nos anos 1986 a 1988, entre os que participou en dúas tempadas.

**********          **********

CASTELLANO:

Nombre: Centre d'Esports Sabadell Futbol Club S. A. D.
Fundación: 1903
Sabadell

web: www.cesabadell.cat

Estadio: Nova Creu Alta
Dimensiones: 103 x 70 metros
Inauguración: 20 de agosto de 1967
Capacidad: 11.981

El Centre d'Esports Sabadell Futbol Club tiene su sede en el estadio Nova Creu Alta y fue fundado en 1903. Entre sus logros el subcampeonato de la Copa de España en 1935 y haber militado 14 temporadas en Primera División.
En 1901 Joan Saus y un grupo de jóvenes crearon el Centre d'Esports Sabadell, que no fue legalizado hasta 1903, aunque curiosamente el acta fundacional data del 5 de junio de 1906. Unos días antes de esta fecha abrieron el campo del barrio de la Creu Alta que en 1912 acogería el primer partido con luz artificial jugado en España.
Su primera presencia en Primera División de España fue en la temporada 1943-1944, en la que obtuvo una digna novena posición, mejorada en 1946-1947 con la quinta plaza, justo por detrás del FC Barcelona y por delante del Real Madrid. Su mejor resultado llegaría en 1968-1969 cuando en una competición de 16 equipos, quedó en cuarta posición y se clasificó para disputar la Copa de Ferias (antecedente de la que fue la Copa de la UEFA, actual Europa League). Su última presencia en la Primera División de España fue en los años 1986 a 1988, entre los que participó en dos temporadas. 

Ningún comentario :

Publicar un comentario