01/06/14

ASCENSO NUMERO 13 (Galego-Castellano)

Galego:

O ASCENSO NUMERO TRECE
Velaquí que vexo ao meu Pai, velaquí que vexo á miña Nai, velaquí que vexo ás miñas irmás e irmáns, velaquí que vexo a liña dos meus antepasados volvendo á orixe, velaquí que me chaman a que ocupe o meu lugar entre eles..
(Do Guerreiro Número 13)
O Deportivo foi un dos creadores da Liga de Fútbol Española. Disputando a mesma desde a súa primeira edición. A súa participación empezou na primeira Liga de Segunda (1929). E naquela división permaneceu até o parón provocado pola Guerra Civil.
Terminada a mesma retomouse a competición de fútbol e o sistema foi un pouco caótico, con corenta equipos, a tempada de Segunda con maior participación na historia.
Os equipos foron divididos en cinco grupos e o Deportivo encabezou o Grupo 1, empatando co Racing de Ferrol con 22 puntos. Na fase final o Deportivo acabou segundo, cos mesmos puntos que o Real Murcia e o Cádiz. O segundo posto outorgaba o dereito a xogar a promoción e o equipo rival foi nada menos que o Celta de Vigo que cun solitario gol no encontro celebrado en Madrid logrou manter a categoría e privar ao Depor do seu primeiro ascenso.
Máis reducida a liga do ano seguinte 1940-41. Con 24 equipos repartidos en dous grupos o Deportivo quedou segundo no Grupo 1 cun punto menos que o campión, a Real Sociedade. Na fase final o Deportivo quedou terceiro, o que lle daba dereito a xogar a promoción. Novamente nun campo neutral en Madrid o rival neste caso foi o Real Murcia. O Deportivo logrou subir a Primeira grazas á súa vitoria por 1-2. Primeiro ascenso a Primeira: 1940-41.
A primeira tempada do Deportivo en Primeira saldouse co cuarto posto na liga. En 1943-44 quedou en postos de promoción. O rival de Segunda foi o Club Deportivo Constancia, un club de Inca (Mallorca) que realizara unha excelente campaña. O Deportivo logrou derrotalo por 4-0 no campo de Chamartín, aínda que non poucos prognosticaran a súa derrota. Sería na tempada seguinte, 1944-45, que o Deportivo quedase en último lugar e consecuentemente foi a Segunda división.
O segundo posto na tempada seguinte en Segunda División permitiu aos coruñeses o retorno automático a Primeira. Segundo ascenso a Primeira: 1945-46.
O paso por primeira foi breve, un penúltimo posto lévanos de novo a Segunda División. De novo un subcampeonato e co mesmo o ascenso. Terceiro ascenso a Primeira: 1947-48
En 1948-49 un só punto mantivo ao Deportivo fóra dos postos de descenso. A tempada seguinte 1949-50 será lembrada polo primeiro subcampionato de Liga. Só dous puntos de marxe separaron aos catro primeiros clasificados. Na última xornada houbo momentos nos que o Deportivo resultaba vencedor do campionato. Na tempada 1952-53 tras anos de tranquilidade en Primeira regresan os problemas ao quedar o equipo obrigado a disputar a promoción. Esa tempada xogouse unha liguiña entre dous equipos de primeira (Deportivo e Celta que lograran sortear as prazas de descenso directo) e catro de segunda. O Deportivo quedou primeiro e o Celta terceiro, logrando ambos manter a categoría. Uns anos de tranquilidade até o descenso directo da tempada 1956-57.
Lonxe de lograr o ascenso na tempada 1957-58 o Deportivo veuse na obriga de xogar unha promoción de permanencia en Segunda. O dobre encontro co Ourense salvouse coa vitoria dos coruñeses. Non será até a tempada 1961-62 que o Deportivo logrou o regreso a primeira tras quedar primeiro no seu grupo de Segunda División. Cuarto ascenso a Primeira: 1961-1962
A tempada acabou co Deportivo en postos de promoción, o que lle obrigou a xogar a mesma contra o Levante, que se impuxo nos dous partidos polo que enviou ao Depor a Segunda. De novo a vitoria no seu grupo no primeiro ano en Segunda permítelle o retorno a Primeira. Quinto ascenso a Primeira: 1963-64
O ano en primeira resultará horrible. Na décimo sexta e última posición da táboa, os coruñeses regresan a Segunda División. Unha vez máis a primeira posición do Grupo e retorno a primeira división. Sexto ascenso a primeira: 1965-66
De novo o equipo termina último e descende a Segunda, onde tamén repetirá o primeiro posto do seu grupo e o ascenso directo. O apelativo de ascensor consolídase. Sétimo ascenso a primeira: 1967-68
A primeira tempada en Primeira ocupará unha cómoda décima praza, pero na seguinte quedará décimo cuarto. Desgraciadamente era o segundo ano en que a Liga cambiara o seu sistema e no canto de xogar unha promoción só había descensos directos, polo que o Deportivo acabou en Segunda. O cambio permitía tamén relaxarse un pouco máis en Segunda, onde o Deportivo acabou de terceiro pero logrou igualmente o ascenso directo. Oitavo ascenso a primeira: 1970-1971
Dous anos en primeira que terminaron coa penúltima posición en 1972-73 e o descenso a Segunda. Entón o ascensor estragouse e chegou o desastre. Lonxe de conseguir o ascenso o Deportivo acabou no posto décimo oitavo con só 11 partidos gañados fronte a 21 partidos perdidos. O resultado levou ao Deportivo a Terceira División. Afortunadamente o equipo logrou a primeira praza no seu paso por Terceira. Quizais mesmo con menos vantaxe da que se supuña xa que só dous puntos separaron ao Deportivo (56) do Ensidesa (54). Noveno ascenso. Primeiro ascenso a Segunda: 1974-75
Uns anos sen facer nada reseñable en Segunda acabaron cun novo descenso na tempada 1979-80. A división de bronce cambiara de nome e era a Segunda División B. O Celta e o Depor descenderan xuntos e ao ano seguinte encabezarán a táboa, logrando o ascenso. Décimo ascenso. Segundo ascenso a Segunda: 1980-81
En segunda vivíronse anos esperanzadores, pero sen ascenso. Na tempada 1987-88 o desempate salvounos dunha das prazas de descenso. Dous anos máis tarde, na tempada 1989-90 o equipo xogou a promoción de ascenso pero o Tenerife logrou imporse na mesma polo que o Deportivo tivo que agardar ao ano seguinte. A segunda praza da liga, tras o Albacete, deunos o ascenso a Primeira. Undécimo ascenso: Noveno ascenso a Primeira: 1990-91
O Deportivo no seu primeiro ano acabou nunha das prazas de promoción. A vitoria na mesma sobre o Betis salvouno do descenso. Nesta época, a máis longa do equipo en Primeira, irán chegando os éxitos, precedidos polo desengano que supuxo o penalti fallado en 1993-94. Tras os anos de títulos chegará o descenso da tempada 2010-11.
O Deportivo acabará primeiro o seguinte ano en Segunda e ascendido a primeira. Décimo segundo ascenso: Décimo ascenso a primeira: 2011-12
A penúltima praza na tempada 2012-13 lévanos de novo a Segunda División. E de novo o primeiro ano en Segunda prodúcese o ascenso. Décimo terceiro ascenso: Décimo primeiro ascenso a primeira: 2013-14

Castellano:

EL ASCENSO NUMERO TRECE
He aquí que veo a mi Padre, he aquí que veo a mi Madre, he aquí que veo a mis hermanas y hermanos, he aquí que veo la línea de mis antepasados volviendo al origen, he aquí que me llaman a que ocupe mi lugar entre ellos
(Del Guerrero Número 13)
El Deportivo fue uno de los creadores de la Liga de Fútbol Española. Disputando la misma desde su primera edición. Su participación empezó en la primera Liga de Segunda (1929). Y en aquella división permaneció hasta el parón provocado por la Guerra Civil. Terminada la misma se retomó la competición de fútbol y el sistema fue un poco caótico, con cuarenta equipos, la temporada de Segunda con mayor participación en la historia.
Los equipos fueron divididos en cinco grupos y el Deportivo encabezó el Grupo 1, empatando con el Racing de Ferrol con 22 puntos. En la fase final el Deportivo acabó segundo, con los mismos puntos que el Real Murcia y el Cádiz. El segundo puesto otorgaba el derecho a jugar la promoción y el equipo rival fue nada menos que el Celta de Vigo que con un solitario gol en el encuentro celebrado en Madrid logró mantener la categoría y privar al Depor de su primer ascenso.
Más reducida la liga del año siguiente 1940-41. Con 24 equipos repartidos en dos grupos el Deportivo quedó segundo en el Grupo 1 con un punto menos que el campeón, la Real Sociedad. En la fase final el Deportivo quedó tercero, lo que le daba derecho a jugar la promoción. Nuevamente en un campo neutral en Madrid el rival en este caso fue el Real Murcia. El Deportivo logró subir a Primera gracias a su victoria por 1-2. Primer ascenso a Primera: 1940-41.
La primera temporada del Deportivo en Primera se saldó con el cuarto puesto en la Liga. En 1943-44 se quedó en puestos de promoción. El rival de Segunda fue el Club Deportivo Constancia, un club de Inca (Mallorca) que había realizado una excelente campaña. El Deportivo logró derrotarlo por 4-0 en el campo de Chamartín, aunque no pocos habían pronosticado su derrota. Sería en la temporada siguiente, 1944-45, que el Deportivo quedase en último lugar y consecuentemente se fue a Segunda división.
El segundo puesto en la temporada siguiente en Segunda División permitió a los coruñeses el retorno automático a Primera. Segundo ascenso a Primera: 1945-46.
El paso por primera fue breve, un penúltimo puesto nos lleva de nuevo a Segunda División. De nuevo un subcampeonato y con el mismo el ascenso. Tercer ascenso a Primera: 1947-48
En 1948-49 un solo punto mantuvo al Deportivo fuera de los puestos de descenso. La temporada siguiente 1949-50 será recordada por el primer subcampeonato de Liga. Solo dos puntos de margen separaron a los cuatro primeros clasificados. En la última jornada hubo momentos en los que el Deportivo resultaba vencedor del campeonato. En la temporada 1952-53 tras años de tranquilidad en Primera regresaron los problemas al quedar el equipo obligado a disputar la promoción. Esa temporada se jugó por sistema liguilla entre dos equipos de primera (Deportivo y Celta que habían logrado sortear las plazas de descenso directo) y cuatro de segunda. El Deportivo quedó primero y el Celta tercero, logrando ambos mantener la categoría. Unos años de tranquilidad hasta el descenso directo de la temporada 1956-57. Lejos de lograr el ascenso en la temporada 1957-58 el Deportivo se ve obligado a jugar una promoción de permanencia en Segunda. El doble encuentro con el Ourense se salvó con la victoria de los coruñeses.
No será hasta la temporada 1961-62 que el Deportivo logró el regreso a primera tras quedar primero en su grupo de Segunda División. Cuarto ascenso a Primera: 1961-1962
La temporada acabó con el Deportivo en puestos de promoción, lo que le obligó a jugar la misma contra el Levante, que se impuso en los dos partidos por lo que envió al Depor a Segunda. De nuevo la victoria en su grupo en el primer año le permite el retorno a Primera. Quinto ascenso a Primera: 1963-1964
El año en primera resultará horrible. En la decimosexta y última posición de la tabla, los coruñeses regresan a Segunda División. Una vez más la primera posición del Grupo y retorno a primera división. Sexto ascenso a primera: 1965-66
Por seguir la tónica el equipo termina último y desciende a Segunda, donde también repetirá el primer puesto de su grupo y el ascenso directo. El apelativo de ascensor se consolida. Séptimo ascenso a primera: 1967-68
La primera temporada en Primera ocupará una cómoda décima plaza, pero en la siguiente quedará decimocuarto. Desgraciadamente era el segundo año en que la Liga había cambiado su sistema y en vez de jugar una promoción solo había descensos directos, por lo que el Deportivo de nuevo acabó en Segunda. El cambio permitía también relajarse un poco más en Segunda, donde el Deportivo acabó de tercero pero logró igualmente el ascenso directo. Octavo ascenso a Primera: 1970-71
Dos años en Primera que terminaron con la penúltima posición en 1972-73 y el descenso a Segunda. Entonces el ascensor se estropeó y sobrevino el desastre. Lejos de conseguir el ascenso el Deportivo acabó en el puesto décimo octavo con solo 11 partidos ganados frente a 21 partidos perdidos. El resultado llevó al Deportivo a Tercera División. Afortunadamente el equipo logró la primera plaza en su paso por Tercera. Quizás incluso con menos ventaja de la que se suponía ya que solo dos puntos separaron al Deportivo (56) del Ensidesa (54). Noveno ascenso. Primer ascenso a Segunda: 1974-75
Unos años sin hacer nada reseñable en Segunda acabaron con un nuevo descenso en la temporada 1979-80. La división de bronce había cambiado de nombre y era la Segunda División B. El Celta y el Depor habían descendido juntos y al año siguiente encabezarán la tabla, logrando el ascenso. Décimo ascenso: Segundo ascenso a Segunda: 1980-81
En segunda se vivieron años esperanzadores, pero sin ascenso. En la temporada 1987-88 el desempate nos salvó de una de las plazas de descenso. Dos años más tarde, en la temporada 1989-90 el equipo jugó la promoción de ascenso pero el Tenerife logró imponerse en la misma por lo que el Deportivo tuvo que esperar al año siguiente. La segunda plaza de la Liga, tras el Albacete, nos dio el ascenso a Primera. Undécimo ascenso: Noveno ascenso a Primera: 1990-91
El Deportivo en su primer año acabó en una de las plazas de promoción. La victoria en la misma sobre el Betis lo salvó del descenso. En esta época, la más larga del equipo en Primera, irán llegando los éxitos, precedidos por el desengaño que supuso el penalti fallado en 1993-94. Tras los años de títulos llegará el descenso de la temporada 2010-11
El Deportivo acabará primero el siguiente año en Segunda y ascendido a Primera. Décimo segundo ascenso: Décimo ascenso a primera: 2011-12
La penúltima plaza en la temporada 2012-13 nos lleva de nuevo a Segunda División. Y de nuevo el primer año en Segunda se produce el ascenso. Décimo tercer ascenso: Décimo primer ascenso a primera: 2013-2014

Ningún comentario :

Publicar un comentario