27/10/21

Imos para o Torneo 30º

ELNOR gañou o torneo 29, pero os bos postos de ramiro72 e de Vimara, deixan sentenciado o podium (e as tazas) desta terceira tanda.

Só quedaría por saber quen vai gañala, se ramiro72 ou jacebo que leva moita distancia cos seguintes no circuito.

Tras o torneo deste domingo empezaremos a última tanda de torneos.

Lembramos que estamos a entregar unha camisola con motivo de xadrez aos que gañen algún dos torneos de cada tanda e unha taza con motivos de xadrez aos tres mellores na tanda.

A situación actual do Circuito é a seguinte:



Próximo torneo
Domingo 31 de outubro, 17,00 horas.

Ningún comentario :

Publicar un comentario