22/10/21

TORNEO 29

Chegamos ao torneo 29 do ano.

No torneo do pasado domingo jacebo volveu a ser o vencedor, polo que seguimos a aforrar nas camisetas que agasallamos aos gañadores de cada semana, cun máximo dunha por tanda.

Xa quedan só dous torneos para finalizar a terceira tanda. Lembramos que en cada tanda os tres primeiros reciben unha taza con motivo de xadrez.

Torneo do vindeiro domingo.
Domingo 24 de outubro
17,00 horas

Clasificación actual:



Ningún comentario :

Publicar un comentario